S.E.M. Big Band

Ó comezo do curso 1996-1997, Estudio, Escola de Música pon en marcha unha nova agrupación musical, a S.E.M. Big Band coa que trata de encher o valeiro existente ata ese momento no panorama musical galego respecto deste tipo de formacións. O seu nacemento atopámolo nunha pequena orquesta orixinada na asignatura Música de Cámara, dirixida por José Tubío, no Conservatorio de Santiago de Compostela. Actualmente aínda continúan algúns dos membros daquela formación orixinal.

Integrada por unha total de membros, o éxito tanto de participación coma de recoñecemento por parte do público foi grande ata o momento e as perspectivas de cara ó futuro son optimistas.

A Big Band é unha orquesta de música moderna onde se abarcan moi diversos estilos: jazz, latin, fusión… lévase a cabo unha labor de escritura de arreglos para intérpretes agrupados en seccións e pola versatilidade dos seus estilos está aberta a toda clase de público.

Ó longo destes anos as actuacións sucedéronse en diversos lugares da comunidade galega, especialmente na área compostelana participando en festivais da propia escola, concertos específicos da Big Band, etc. e contando coa colaboración de músicos de renome do panorama musical nacional e internacional que a enriquece en canto a calidade.

Con este proxecto, dende Estudio, Escola de Música preténdese dar a coñecer a importancia da sua existencia na nosa comunidade pretendendo mantela no tempo e intentando conseguir un posto no que a Big Bands se refire tanto no noso entorno coma fóra del.

O carácter aberto da S.E.M. Big Band posibilita a colaboración dende os seus inicios con outras agrupacións. Entre elas atopamos: Coro Trotamúsicos (coro de nenos de Estudio, Escola de Música) e a Rá, Coro de Cor (coro de adultos de Estudio, Escola de Música).

Tamén contou en numerosas ocasións ca participación de músicos coma Abelardo Rábade; arreglista, compositor, pianista e licenciado Cum Laude no Berklee College of Music en Boston, María Rábade; Mª Teresa Gradín; cantante solista e alumna de Estudio, Escola de Música.cantante e pianista ou coma (colaborar actual).

A función pedagóxica que pretende realizar Estudio coa S.E.M. Big Band complétase co apoio a clases maxistrais organizadas conxuntamente entre músicos de recoñecida traxectoria mundial e a Big Band.

Concertos didácticos

Este apartado está adicado a completa-la función pedagóxica que debe levar a cabo unha Big Band. Neles preténdese ensinar con música, tanto con explicacións teóricas coma con interpretacións prácticas, de xeito atractivo e entretido para toda clase de público. Os concertos didácticos pódense enfocar dende diferentes perspectivas tomando como centro un elemento principal e realizando a explicación ó redor do mesmo. Ó remate desta haberá un espacio de tempo adicado a preguntas e respostas para resolver calquera tipo de dúbida referida ás Big Bands en xeral e máis en concreto á S.E.M. Big Band. Veremos tres enfoques: instrumentos, estilos musicais e historia.

A continuación explícase en detalle que se fai en cada un deles:

INSTRUMENTOS: dende este enfoque trátanse os diferentes instrumentos que forman parte da agrupación e encádranse nas suas respectivas seccións, facendo pequenas explicacións de cada un deles: referencias históricas á orixe dos mesmos, tipoloxía, partes das que constan, estilos nos que son principais, etc.

Nunha primeira clasificación temos:

  • Sección rítmica.
  • Trompetas.
  • Trombóns.
  • Saxos.
  • Voces.

ESTILOS MUSICAIS: é outra das visións que se lle pode dar a un concerto didáctico. Se este é o enfoque elixido para levar a cabo o concerto comezarase por cita-los estilos ós que pertencen as pezas interpretadas pola Big Band.

Entre eles cabe destacar:

  • Jazz.
  • Latin.
  • Rock.
  • Pop.

A continuación descríbense as suas características principais e faise un breve percorrido a través do tempo para poder ve-la evolución que presentan ata os nosos días.

A S.E.M. Big Band interpretará temas enmarcados en cada estilo, completando así a exposición e análise teórica tratando de poñela en práctica; deste xeito o público asocia dunha maneira clara o estilo e a interpretación correpondente conseguindo o obxectivo pretendido.

HISTORIA: dende este punto de vista o concerto didáctico adquire principalmente connotacións teóricas. Trátase de facer un percorrido pola historia no que a músicos, épocas e estilos se refire.

A explicación pódese estructurar como sigue:

  • Épocas.
  • Estilos.
  • Compositores.
  • Arreglistas.
  • Músicos.

Falarase de cada un destes apartados comezando polas primeiras manifestacións musicais e rematando na época actual.

Este enfoque fai posible que se sitúen os músicos, compositores e arreglistas, na época/s e estilo/s que lles corresponden e dá unha visión ampla no que a historia musical se refire.

Concertos cenas/galas

Estes concertos están orientados a rememorar o ambiente que se podía ver nas salas de festas e locais musicais nos anos 40 e 50, época de auxe do tipo de estilos musicais ós que pertencen os temas interpretados por unha Big Band. O repertorio está basado en temas de swing e «standards».

A participación dunha Big Band faise imprescindible para crear unha atmósfera cálida e agradable en cenas ou galas de todo tipo. Tendo en conta que o ambiente é o condicionante fundamental deste tipo de actos, a S.E.M. Big Band logra a satisfacción de tódolos presentes ca sua colaboración para amenizar o evento.

Concertos ó aire libre

Cidades e pobos coma os que atopamos na xeografía galega forman o entorno adecuado para a realización deste tipo de concertos. A gran cantidade de prazas que atopamos, cada unha delas con características diferentes, a localización das mesmas dentro das propias cidades e pobos e a cordialidade das suas xentes fan que esta actividade aporte máis se cabe á gran riqueza cultural que xa existe na nosa comunidade.

Unha formación coma a S.E.M. Big Band neste marco ideal logra crear un ambiente de maxestuosidade difícilmente alcanzable por outro tipo de formación.

Por outra parte, estes concertos, ó estar abertos e dirixidos a toda clase de público son un atractivo máis para o crecente e constante turismo chegado de tódalas partes da xeografía mundial a Galicia, que atopan nesta actividade un complemento de calidade para o seu tempo de ocio.

ESTRUCTURA DA S.E.M. BIG BAND

A S.E.M. Big Band fundouse no ano 1996. Fórmana un total de 26 compoñentes que se agrupan en seccións ca estructura que se detalla a continuación:

  • 6 saxos.
  • 5 trompetas.
  • 6 trombóns.
  • Sección rítmica:
    • Piano (2)
    • Guitarra (1)
    • Baixo (1)
    • Batería (1)
    • Percusión (2)
  • Cantantes:
    • Voz femenina (1)
    • Voz masculina (1)

INTEGRANTES DA S.E.M. BIG BAND 2010

Baixo
  • Paula Conde
  • Loren Tabarés
Saxo
  • Pablo da Lama
  • Roberto Bouza
  • Martiño Mato
  • José Tubío
  • Silverio Blanco
Trompeta
  • Fernando Rey
  • Manuel Payno
  • Rafael Figueroa
  • Silverio Blanco
Batería/Percusión
  • Héctor Agulla
  • Leo Pimentel
  • Meguel Lamas
Guitarra
  • Adrián Rey
  • Giovanni Yañez
Trombón
  • Carlos Figueira
  • Daniel Sánchez
  • Manuel Rial
  • Pablo Festeiro
  • Tonyh Esparis
Voces
  • Leo Giannetto
  • Loli Nogueira
Piano
  • Adrián Blanco
  • Alex Salgueiro
Director
  • Suso Atanes

S.E.M. Big Band – Santiago, Praza do Toural (05/2001)

Temas grabados nun concerto en directo da SEM Big Band na Praza do Toural en Santiago o 23 de maio de 2001.

Formato mp3, 128kb

Descarga do CD (ZIP)

Lista de temas:

  • 01. El Caborojeno
  • 02. Acha
  • 03. 88 Basie Street
  • 04. Do Nothin’ Till You Hear From Me (vocal)
  • 05. New Rochelle
  • 06. San Juan Shuffle
  • 07. Centerpiece (vocal)
  • 08. Ellis Island
  • 09. Everyday I Have The Blues (vocal)
  • 10. Oye Como Va
  • 11. It’s Just Talk

INFRAESTRUCTURA ESCÉNICA

  • 80 m2 de escenario.
  • Piano de cola (opcional).
  • Tres alturas para as distintas cordas de voces.
  • Tarima para unha batería (opcional)
  • 10.000W de luces.
  • 4.000W de sonido en sala e 10.000W en exteriores ós que hai que engadir Backline.