30 de enero de 2017

Convocatoria Coro de ESTUDIO

Ola cantantes!

Queres cantar fóra da ducha? Chegou a túa oportunidade! No Coro de ESTUDIO abrimos convocatoria de novas voces. Oh yeaah

Repertorio? moderno (pop, jazz, soul, gospel, bossa, etc).

Cando? Ensaiamos os mércores de 7 a 9pm

Interesado? Máis info? Segue lendo….

Coro ESTUDIO somos un grupo humano unidos pola paixón pola música vocal e onde compartimos esforzos e amizade. Tamén compartimos tempo xuntos fóra dos ensaios para quen queira (si, temos unha comisión de festexos). Buscamos sobre todo homes (baixos e tenores) pero tamén voces para as outras cordas (altos, mezzos e sopranos). Estamos vencellados á ESTUDIO, escola de Música.

Se queres darlle saída ao teu talento vocal, coñecer nova xente e levar adiante un proxecto musical colectivo, anímate a vir a un dos nosos ensaios, todos os mércores de 19:00h a 21:00h, en ESTUDIO, escola de Música (rúa Neira de Mosquera, 7. Santiago de Compostela).

As probas consisten nunha pequena e sinxela proba de entoación e tesitura e son sempre 15min antes do comezo de cada ensaio. Para confirmar o teu interese contacta coa escola: 981 561 895 info@escolaestudio.com