A Rá

Coro da Rá é o coro residente da escola de música Estudio, de Santiago de Compostela. Foi fundado no ano 1993 polo que é o seu director desde entón, Ramón Bermejo.

O enfoque inicial foi o de realizar un repertorio que se afastase do que é tradicional neste tipo de formacións, centrándose na música moderna e indo dende o soul, o blues, o jazz, o rock, o pop, ata a música étnica.

O coro está formado por 45 voces mixtas divididas en 5 cordas: sopranos, mezzosopranos, contraltos, tenores e baixos. Na actualidade conta cun excelente plantel de cantantes e de solistas, e ademais, unha divertida posta en escena.

CONCERTOS COMANDO

Descripción:

En vivo, a característica que o diferencia de outros coros son as súas intervencións sorpresa polas rúas e que denominan Concertos Comando. O que buscan é impactar coa súa música no lugar e momento menos pensado, sorprendendo aos transeúntes cada vez que actúan. Trátase de breves actuacións de unha o dúas cancións que teñen lugar sen aviso previo e en calqueira ubicación, horario ou situación: pola rúa, nuns balcóns, nun concerto, nun mercado, etc.

Coro_da_Ra

A miúdo engádense elementos teatrais, como pequenos sketches, accións raras, ou disfrazando aos cantantes, para conseguir máis realismo e captar máis atención nas intervencións. Ó rematar a canción, o coro dispérsase sen esperar o aplauso dos asistentes, o cal aumenta ulteriormente o efecto sorpresa.

Director: Ramón Bermejo