Acordeón

1. INTRODUCIÓN

O acordeón, polas súas características, require unha alta concentración e para un bo resultado sonoro e boa coordinación deben defenderse á vez tres ou catro manuais (dependendo do tipo de acordeón) totalmente diferentes entre si, polo cal, e en gran medida, media hora semanal de clase é insuficiente para acadar obxectivos a curto prazo.

A ser posible destinaranse varias aulas en coordinación co resto de profesorado e/ou co alumnado para que, de forma preferiblemente grupal, o/a alumno/a poida asimilar e afianzar certas técnicas e experiencias ampliando así o coñecemento do instrumento e da música en xeral.

2. OBXECTIVOS:

O plan de estudos está enfocado en dous niveis que abarcaría diferentes contidos que o alumnado, dependendo das súas capacidades e circunstancias, debería dominar unha vez finalizados os dous niveis. Estes contidos englobámolos en tres áreas de coñecemento relacionadas coas peculiaridades do instrumento, a música e o alumnado.

A) En relación coas peculiaridades do acordeón:

“Dominar o instrumento, no ser dominados polo instrumento”. Para ilo debemos adoptar unha postura adecuada para a correcta colocación do instrumento que permita, sen tensións innecesarias, o control do mesmo.

“Lei do mínimo esforzo físico». Coordinar, independizar e sincronizar os diferentes elementos articulatorios que interveñen na práctica do instrumento: dedos, pulso, antebrazo, pernas, etc. encontrando o equilibrio entre a relaxación muscular e o esforzo indispensable para a execución instrumental.

«Liberdade«.

  • Coñecer as características e posibilidades sonoras básicas do instrumento e saber utilizalas dentro das exixencias do nivel.
  • Controlar a produción e calidade do son a través da articulación dixital e o fol.

B) En canto á música:

  • Coñecer de maneira básica as formas e estrutura sinxelas.
  • Desenrolar a sensibilidade e o gusto musical para poder apreciar as interpretacións propias e alleas. Adquirir ademais unha base cultural que nos permita o recoñecemento de diferentes xéneros e estilos.
  • Apreciar e coñecer a obra orixinal do autor, aínda que como exercicio didáctico se fagan variacións e cambios na obra.
  • Adquirir gradualmente un vocabulario básico musical.

C) En canto ao alumno:

  • Desenrolar a creatividade e a independencia: Lograr progresivamente a autonomía suficiente para a elección de fraseos, movemento do fol, dixitacións opcionais, adornos e articulacións varias; utilización da dinámica e efectos diversos aproveitando as características do instrumento, así como harmonizacións prácticas, acompañamentos e arranxos (especialmente nos últimos cursos).
  • Educación auditiva e rítmica.
  • Desenrolo de hábitos correctos e eficaces de estudo.
  • Exercitar a memoria e independizarse da partitura.
  • Practicar lectura a vista e improvisación.
  • Fomentar a seguridade en si mesmo para vivir a música como medio de expresión e de comunicación, favorecendo a autoestima e satisfacción persoal.
  • Reforzar a vivencia musical coa interpretación en público: tanto solista como integrado noutras manifestacións artísticas, aprendendo e descubrindo a importancia de traballar en equipo e a importancia que pode ter unha soa nota ou o silencio.

3. PLAN DE ESTUDOS.

Ao longo destes dous niveis, farase fincapé na postura correcta e na metodoloxía de estudo. Progresivamente e a medida que o alumno coñeza o funcionamento do instrumento xunto coas nocións básicas da música fomentarase, especialmente no Nivel II, a creatividade e autonomía, realizando para ilo clases específicas con certa periodicidade nas que se traballarán aspectos como improvisación, pequenas harmonizacións, exercicios de composición, xogos auditivos e rítmicos, etc.

Nos casos precisos, e intercalados con obras musicais, realizaranse ao longo do curso exercicios de técnica específica de rápida asimilación destinados ao fortalecemento de dedos, proporcionar axilidade, ampliación e estreitamento do percorrido dos dedos e a man, pasos de dedos, técnicas de fol, saltos de baixos, combinacións de ritmos, etc.

NIVEL I

PRIMER CURSO

Man dereita:

  • Posición en MI: Posición fixa.
  • Desplazamento da posición.
  • Paso de dedos.
  • Ámbito de Do a Do 1# y 1b.

Man esquerda:

MII:

  • I – V7 – IV dende distintas tonalidades.
  • Baixos alternados.

MIII:

  • Unisono ou octava.
  • Melodía unisono sinxela tipo canon.
  • Melodía ca tónica, tercera, en obstinato ou similar.

Figuración:

  • Redonda, blanca, blanca con puntillo, negra e corchea.

Compás:

  • 3⁄4 , 4/4 , 2/4, 2/2

Articulación dixital:

  • Legatto, non legatto, picados.

Dinámica:

  • Son liñal, control de fol.

SEGUNDO CURSO:

Man dereita:

  • Amplitude do ámbito Do a Do con # y b

Man esquerda:

MII:

  • Pequenos saltos.
  • Modo menor.
  • Combinación de tonalidades maiores e menores.
  • Ritmo alternado en tono maior e menor e con 7ª
  • Introducción da fila de “contrabaixos”.

MIII:

  • Unisono ou octava.
  • Canon.
  • Melodía a terceira.
  • Introducción de melodía diferente á man dereita.
  • Iniciación á idea de contrapunto

Figuración:

  • Negra con puntillo e corchea, corchea – negra – corchea, etc.

Compás:

  • Introducción de melodías sinxelas en compases irregulares.

Articulación dixital:

  • Varias combinaciones de legatos e stacattos
  • Subrayado.
  • Portato

Dinámica:

  • Reguladores. Dinámica en terrazas.
  • Varias combinacións de dinámicas adaptadas ao nivel

TERCEIRO E CUARTO CURSOS:

Man dereita.

  • Aumento gradual de notas alteradas e ampliación do percorrido espacial.
  • Pasos cromáticos.
  • Mordentes e adornos.
  • Escalas diversas segundo os gustos e pretensións do alumnado (escalas de blues, menores harmónicas, modos …)

Man esquerda:

MII:

  • Saltos amplos de baixos.
  • 7ª Dism,
  • Combinacións de tódolos acordes dados,
  • Iniciación aos acordes non preparados
  • Ritmos varios, comprensión dos mesmos

MIII:

  • Melodías más complexas e desenrolo da idea contrapuntista.

Figuración:

  • Síncopas.
  • Maior Silencio rítmico.
  • Grupos de valoración especial

Articulación dixital:

  • Varias combinacións.
  • Aumento progresivo da complexidade e comprensión segundo o estilo musical en conxunto coa dinámica.

Compás:

  • 6/8 y 9/8.
  • Compases compuestos. 5/4, 7/4… tanto en MII como en MIII.

Fol:

  • Control de fol e desenrolo da matización.

Criterios de avaliación – Nivel I

  1. Acadar un progreso axeitado na consecución dos obxectivos propostos.
  2. Ler e comprender textos musicais no nivel con certa soltura.
  3. Ser capaz de interpretar música mantendo unha posición correcta do corpo respecto ao instrumento.
  4. Participar nas actividades no ámbito da escola.
  5. Mostrar interese no estudio e traballo persoal así como na asistencia regular.
  6. Amosar unha actitude respectuosa aos demais e cos materiais que se utilizan.
  7. Amosar unha actitude aberta ás distintas manifestacións musicais favorecendo a integración das diferentes culturas.
  8. Ter capacidade e interés para continuar desenvolvendo as destrezas e habilidades musicais.

NIVEL II

PRIMEIRO E SEGUNDO CURSO

Man dereita:

  • Ampliación das tesituras de forma gradual.
  • Fomento do dominio de escalas e tonalidades.
  • Acordes e arpexios: uso como acompañamento

Man esquerda:

MII:

  • Ritmos y harmonias mais complexas.
  • Fomento do dominio de escalas e tonalidades.
  • Composicións específicas para acordeón.
  • Adaptación de pezas.
  • Fomento e comprensión de construccións de acordes distintas ás dispostas no sistema MII (C-7, C6, C7 completo, C9, etc)
  • Acordes e arpexios: uso como acompañamento.

MIII:

  • Melodías mais complexas rítmica y melodicamente.
  • Fomento do dominio de escalas e tonalidades.
  • Acordes e arpexios: uso como acompañamento.

Figuración:

  • Tresillos, dosillos… Mordentes, trinos, etc. Notas de adorno en xeral e motivos rítmicos como ornamentación.

Articulación dixital:

• Combinacións cada vez mais complexas en canto á tesitura xunto coa matización.

Dinámica:

  • Combinacions variadas e de estilos diferentes de dificultade crecente.

Compás.

  • Compases compostos.
  • Introducción a compases con ritmos nos que a parte forte no é a habitual.

Fol:

  • Técnicas de fol varias: Bellow shake, Ricochet…

TERCEIRO E CUARTO CURSO

Nos últimos cursos afianzarase a personalidade musical do alumnado incitándoo en canto sexa posible a independizarse da partitura e da profesora para acadar a maior autonomía posible poñendo en práctica tódalas nocións traballadas.

Axudaráselle a encamiñarse e situarse no estilo ou forma de vida musical que elixa, tanto como parte dunha agrupación como solista, así como de forma afeccionada ou profesional; para ilo realizaranse clases colectivas e/ou individuais de proxección de son, formas de ensaio, preparación de concertos, etc.

Man dereita:

  • Desenrolo de melodías, variacións e creacións propias
  • Fomento das improvisación.

Man esquerda:

MII:

  • Ritmos e harmonias máis complexas.
  • Construcciones de acordes distintas aos dispostos en sistema MII (C b5, C7b5, C-6, Cmaj7, C-9,C9#5, etc)
  • Fomento da variación e improvisación.
  • Adaptacións e transcricións.

MIII:

  • Melodías mais complexas rítmica e melódicamente.
  • Fomento da variación e improvisación.
  • Adaptacións e transcricións.

Figuración:

  • Independencia total da partitura.

Articulación dixital:

  • Independencia total da partitura.

Dinámica:

  • Independencia total da partitura.

Compás:

  • Independencia total da partitura.
  • Asimilación de compases e ritmos segundo estilos.
  • Improvisación creativa e variacións.

Fol:

  • Fraseos mais extensos ou moi curtos. Técnicas de fol variadas, máis amplas e complexas.

Criterios de avaliación – Nivel II

  1. Acadar un progreso axeitado na consecución dos obxectivos propostos.
  2. Mostrar unha posición ante o acordeón correcta, que permita controlar as dificultades mecánicas do instrumento.
  3. Ser capaz de interpretar diferentes tipos de articulacións. así como de dinámicas e reguladores, e matices agóxicos.
  4. Coñecer os diferentes efectos e recursos propios do instrumento.
  5. Ser capaz de interpretar fragmentos axeitados a primeira vista.
  6. Ser capaz de interpretar pezas musicais de memoria.
  7. Interpretar obras de distintas épocas e estilos tanto como solista e como en grupo.
  8. Mostrar interese na formación e creación musical.
  9. Ter participado en agrupacións de diversa índole e nas actividades no ámbito da escola em amosar a autonomía suficiente para desenvolverse nelas.